Etapa Predoutoral R1

Desenvolve a túa carreira investigadora en CRETUS

.O Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais destaca, entre outras cousas, por reunir a investigadores en formación de ámbitos moi diversos. Así, as súas instalacións reúnen a expertos das áreas técnicas, experimentais, das ciencias sociais e das humanidades, todos eles moi comprometidos co avance do coñecemento e a innovación en tecnoloxías ambientais.

Cada ano incorpóranse entre 15 e 20 novos investigadores en formación para desenvolver a súa Tese no marco dun proxecto de investigación CRETUS. Entre 2020 e 2024, un total de 97 investigadores defenderon con éxito os seus proxectos de tese. Deles, o 90% recibiu honras internacionais e un número significativo recibiu unha calificación Cum Laude.
Ademais, o Centro acolle regularmente investigadores visitantes doutras institucións que realizan estadías ou prácticas de investigación curtas. Esta diversidade enriquece o ámbito académico e científico, promovendo o intercambio de ideas e reforzando a proxección internacional.

Oportunidades

  • Programa mobilidade internacional

CRETUS ofrece un programa de bolsas para estadías de investigación en centros de prestixio internacional. Esta iniciativa fomenta a colaboración con centros internacionais, promove a consecución de doutoramentos con mención internacional e proporciona novas orientacións científicas e técnicas ao traballo do persoal máis novo.

  • Programa de Mentorización

O obxectivo deste programa é permitir que os investigadores R1 conciban e organicen o seu plan de desenvolvemento profesional desde unha fase inicial máis alá da finalización da súa tese. Para iso, CRETUS conta cun equipo de mentores que de xeito individual fan de guías durante o proceso, proporcionando habilidades adicionais que poden ser necesarias para abordar con éxito a seguinte etapa xa como doutores. O Centro conta na actualidade con 15 mentores activos e xa pasaron polo programa máis de 30 estudantes de doutoramento.

  • Oferta formativa continua

O Centro ofrece regularmente cursos deseñados para mellorar as habilidades e coñecementos en competencias transversais, como xestión do tempo, visualización de datos, presentacións orais, etc. Ademais, ofrécense cursos especializados, impartidos por persoal experto, que achegan un coñecemento profundo en áreas chave para o desenvolvemento profesional e académico.

  • Simposio de investigación en Tecnoloxías Ambientais

Este Simposio é o lugar de encontro anual para o persoal investigador pre e posdoutoral e estudantes de máster que realizan o seu Traballo Fin de Máster (TFM) no Centro. O obxectivo deste evento é dar a coñecer os avances e resultados do traballo que se está a realizar. Esta actividade, que celebrou en 2024 a súa 8ª edición, tamén permite mellorar as habilidades comunicativas e de divulgación científica e, mediante unha actividade específica de integración, fomenta o entendemento mutuo e a busqueda de colaboracións.

  • Divulgación científica

CRETUS ofrece a posibilidade de participar activamente en múltiples actividades de divulgación a través de conferencias, charlas ou obradoiros científicos, ben de xeito individual ou no marco dun programa consolidado como G-night (Noite Galega das Persoas Investigadoras), Ciencia Singular (Xornada de portas abertas para a cidadanía) ou o Programa Pint of Science, entre outros.

Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad

Centro Oportunius