- Este evento pasou.
Financiamento, Innovación e Investigación en Galicia no Contexto Español e Europeo. Perspectivas 2025-27
24/04/2025 @ 12:00 p.m. - 1:30 p.m.

O 24 de abril, de 12:00 a 13:30 horas, o coordinador científico de CRETUS, Juan M Lema, impartirá no salón de actos da ETSE o seminario “Financiamento, Innovación e Investigación en Galicia no Contexto Español e Europeo. Perspectivas 2025-27”. Unha actividade aberta a toda a comunidade científica previa inscrición neste formulario de inscripción.
Financiamento, Innovación e Investigación en Galicia no Contexto Español e Europeo. Perspectivas 2025-27
Neste seminario realizarase unha análise da evolución económica de Galicia, así como da financiación da investigación, enmarcada nun contexto comparativo co conxunto das Comunidades Autónomas españolas e das Rexions Europeas. Ademais, avaliarase o estado da innovación en España e Galicia no ámbito europeo, facendo especial fincapé no “Regional Innovation Scoreboard” e na evolución das patentes rexistradas tanto a nivel europeo como español. No eido da investigación, compararase a evolución da produción científica de Galicia — en termos cuantitativos e cualitativos— co conxunto das Comunidades Autónomas. Esta análise abranguerá o Sistema Universitario Galego no seu conxunto e, de maneira desagregada, as tres universidades galegas. De forma específica, estudarase a traxectoria da Universidade de Santiago de Compostela en relación con outras universidades españolas e europeas.Finalmente, ofrecerase unha visión global do novo Plan Galego de Investigación 2025-2027, destacando os seus obxectivos estratéxicos, os instrumentos e o seu potencial impacto sobre o sistema de I+D+i galego.