- Este evento pasou.
Código para biólogos: Introdución a R
Agosto 31 @ 9:00 a.m. - Setembro 4 @ 2:00 p.m.

O obxectivo principal deste curso, coordinado polos investigadores principais Andrés Baselga e Carola Gómez, é dotar o alumnado da capacidade de interpretar e desenvolver código R básico no campo da Bioloxía, complementando así de forma práctica a súa formación académica e sentando as bases para a aprendizaxe ao longo da vida. Ademais, daralles unha vantaxe competitiva tanto no ámbito académico como no profesional, aumentando significativamente a súa empregabilidade nun mercado laboral en constante evolución.
Público obxectivo:
Alumnado cursando o Grao en Bioloxía, Grao en Biotecnoloxía ou Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Alumnado con interese no Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión, Máster Universitario en Bioloxía Mariña e Programa de Doutorado en Biodiversidade e Conservación do Medio Natural.
Período de matrícula: 14 de maio de 2026 – 21 de agosto de 2026
Datas do curso: 31 de agosto de 2026 – 4 de setembro de 2026
Lugar de celebración: Sala 1, Facultade de Bioloxía, Campus Vida, Santiago de Compostela
Para obter máis información, visite o sitio: Web curso Código para biólogos: Introdución a R
Universidad de Verano | Universidade de Santiago de Compostela