2nd Global Cleaner Production Conference
Outubro 26 @ 9:00 a.m. - Outubro 29 @ 5:00 p.m.

A 2nd Global Cleaner Production Conference (GCPC) celebrarase en Sitges, España, do 26 ao 29 de outubro de 2026, reunindo investigadores e profesionais do ámbito académico, industrial e das políticas públicas que traballan en produción máis limpa e sustentabilidade.
O congreso abordará diferentes temas relacionados coa produción máis limpa e as transicións cara á sustentabilidade, entre eles a transformación industrial e a produción máis limpa; a enerxía e as solucións climáticas; a xestión da auga, os residuos e os recursos; a agricultura, a alimentación e a bioeconomía; as cidades sostibles e o contorno construído; o pensamento de ciclo de vida; a dixitalización e a innovación tecnolóxica; e a gobernanza e os instrumentos para as transicións cara á sustentabilidade.
CRETUS participa activamente na organización a través da investigadora Maite Moreira que exerce como unha das Conference Chairs, mentres que outros catro investigadores do Centro forman parte do Comité Científico (Gumersindo Feijoo, José Luis Ares e Mara Meitin) e do Comité Organizador (Sofía Estévez).
Ademais CRETUS está a apoiar como principal sponsor do congreso Esta participación pon de manifesto a implicación do Centro na comunidade científica internacional que traballa nos ámbitos da produción máis limpa, a circularidade e as transicións cara á sustentabilidade.
Máis información: Global Cleaner Production Conference | About | Elsevier