III Xornadas de Empregabilidade en Enxeñaría Ambiental
Novembro 16 @ 3:30 p.m. - 7:00 p.m.

A 3.ª edición das Xornadas de Empregabilidade en Enxeñaría Ambiental reunirá estudantes, egresados, profesorado, investigadores e profesionais de empresas e administracións vinculadas ao ámbito da enxeñaría e das tecnoloxías ambientais. Un espazo de encontro e intercambio pensado para descubrir as múltiples oportunidades profesionais e académicas que ofrece esta titulación.
A xornada contará con tres mesas redondas: unha dedicada ás oportunidades laborais no sector empresarial; outra, organizada por CRETUS, centrada na carreira investigadora e no papel da ciencia no desenvolvemento de solucións innovadoras con impacto na sociedade; e unha terceira na que antigos alumnos do Máster compartirán as súas experiencias, traxectorias e perspectivas profesionais tras finalizar os seus estudos.
Unha oportunidade para coñecer de primeira man diferentes saídas profesionais, intercambiar experiencias e ampliar horizontes sobre o futuro da enxeñaría ambiental.
📅 Luns, 16 de novembro
🕒 15:30 h
📍 Salón de actos da ETSE
Inscrición previa obrigatoria: para asistir será necesario rexistrarse a través dos enderezos de contacto indicados no programa do evento .
