PERSOAL CRETUS
Fernando Martínez Freiría
Prof Axudante Doutor
Departamento: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Centro: Facultade de Bioloxía
Grupo de Investigación:Biodiversidade, Bioxeografía e Conservación Integrativa (BiBiCI)
Tel.: +34 8818 13260
Email: fernando.martinez.freiria@usc.es
Web Grupo: Biodiversidade, Bioxeografía e Conservación Integrativa (BiBiCI)
Fernando Martínez-Freiría é un biólogo evolutivo interesado na comprensión integral da diversidade fenotípica e xenética e a súa aplicación á conservación. Desenvolve investigacións bioxeográficas destinadas a comprender mellor como as forzas evolutivas e ecolóxicas interactúan a diferentes escalas para producir patróns de variación fenotípica e xenética e, en consecuencia, identificar factores de ameaza e anticipar as necesidades de conservación da biodiversidade fronte aos cambios antrópicos. Nos seus estudos, usa frecuentemente réptiles, en particular serpes velenosas, como organismos modelo, baseándose nunha forte compoñente de traballo de campo, a recollida de datos de coleccións científicas e a aplicación de múltiples ferramentas (ex. Filoxenéticas, filoxeográficas, venómicas, SIX, modelos ecolóxicos …) co obxecto de integrar espacialmente información sobre variación morfolóxica, de compoñentes de velenos, ecolóxica, ambiental e xenética.
Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (2002), realizou a súa tese de doutoramento sobre os mecanismos que permiten a coexistencia de réptiles (víboras) parapátricos nunha zona de contacto secundario no norte da península Ibérica (Universidad de Salamanca, 2009). Durante a súa etapa pos doutoral no CIBIO da Universidade do Porto en Portugal (2010-2025) ampliou as súas liñas de investigación en ecoloxía evolutiva e conservación de vertebrados de Europa e África. No ano 2025 incorporouse á Universidade de Santiago de Compostela como Profesor Axudante Doutor de Zooloxía e en 2026 ao CRETUS. É membro do Grupo de investigación Biodiversidade, Bioxeografía e Conservación Integrativa (BiBiCI), e responsable do Laboratorio de Bioloxía Evolutiva de Réptiles. Ademais é membro activo de varias asociacións conservacionistas (IUCN Viper Specialist Group, Asociación Herpetológica Española -AHE-, Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes -GEAS-), nas que colabora en aspectos de monitorización das poboacións, conservación e divulgación de coñecemento da biodiversidade.
Liñas de Investigación
- Bioxeografía histórica e actual
- Evolución fenotípica
- Efecto do cambio antrópico na biodiversidade
- Monitorización, ecoloxía e conservación de poboacións
Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad




