PERSOAL CRETUS

Francisco Omil Prieto

Catedrático Enxeñería Química
Departamento: Enxeñería Química
Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría (USC)
Grupo de Investigación: Biotecnoloxía Ambiental (BIOGROUP)
Tel.: +34 8818 16805
Email: francisco.omil@usc.es
Web Grupo: https://biogroup.usc.es
Web persoal: https://biogroup.usc.es/users/francisco-omil




Catedrático de Universidade do Depto. de Enxeñaría Química da USC dende o ano 2010.

A súa investigación céntrase basicamente no ámbito da Enxeñaría Ambiental, especialmente no desenvolvemento de procesos baseados na aplicación de reactores biolóxicos ao tratamento de augas urbanas e industriais (eliminación de contaminantes convencionais e emerxentes como microcontaminantes orgánicos, fármacos, recalcitrantes, etc.).

Autor de máis de 110 artigos de investigación nacionais e internacionais (arredor do 80% en revistas internacionais indexadas no SCI), 13 capítulos de libros, máis de 165 comunicacións en congresos internacionais (60% orais) e 2 patentes (unha licenciada á empresa VIAQUA). Índice H: 46. Número de citas en SCOPUS: 8653.

Coordinador do Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental da USC dende Novembro 2008. Subdirector da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da USC (2012-2020). Coordinador da Sección Ambiental da Sociedade Española de Biotecnoloxía (2005 – 2012). Coordinador da Comisión de Biotecnoloxía da USC (2015-2017). Ademáis, traballou durante 3 anos en diferentes compañías privadas (sector petroquímico, produtos alimentarios e consultoras de enxeñaría).

Liñas de Investigación

  • Eliminación de contaminantes emerxentes, particularmente microcontaminantes orgánicos en augas residuais urbanas
    – E­studio de procesos para a eliminación de compuestos xenobióticos a niveis traza (particularmente fármacos, produtos cosméticos e compostos disruptores endocrinos, entre outros) en augas residuais urbanas e hospitalarias.
    – Desenrolo de tecnoloxías innovadoras baseadas en sistemas híbridos.
    – Sistemas de tratamento descentralizado

Proxectos

Publicacións

Indicadores

Área I+D en CRETUS

Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad

Centro Oportunius