Etapa Grao e Máster
Iníciate na investigación
O carácter interdisciplinar do Centro permite aos estudantes acceder desde unha variedade de titulacións de grao, como Bioloxía, Física, Psicoloxía, Enxeñaría Química, Química, Economía, Dereito e Arqueoloxía, así como desde Mestrados en Biotecnoloxía, Enxeñaría Ambiental, Investigación Química e Química Industrial, Bioloxía Mariña e Desenvolvemento Económico ou Acuicultura, entre outros.
A interdisciplinariedade é un piar fundamental en CRETUS e promóvese dende as fases iniciais. Cada vez son máis os estudantes que realizan traballos de fin de grao (TFG) ou de máster (TFM) de caracter colaborativo ó estar baixo a supervisión de persoal investigador do CRETUS de diferentes áreas de investigación. Esta experiencia sentará as bases para preparalos coma os mellores candidatos e candidatas para os contratos de investigación de curta duración que se ofrecen e que lles permite compaxinar coa finalización da súa formación.
Titulacións de Grao afíns a CRETUS
- Grao en Bioloxía
- Grao en Física
- Grao en Química
- Grao en Economía
- Grao en Psicoloxía
- Grao en Dereito
- Grao en Arqueoloxía
- Grao en Bioquímica
- Grao en Biotecnoloxía
- Grao en Enxeñaría Química
- Dobre Grao en Física e Química
- Dobre Grao en Química e Bioloxía
Consulta toda a oferta académica: Graos | Universidade de Santiago de Compostela
Titulacións de Máster afíns a CRETUS
- Física
- Psicoloxía
- Acuicultura
- Bioloxía marina
- Biotecnoloxía
- Enxeñaría ambiental
- Biodiversidade terrestre
- Antropoloxía Física e Forense
- Desenvolvemento económico e innovación
- Enxeñaría química e de bioprocesos
- Investigación química e química industrial
- A química na fronteira coa bioloxía e a ciencia dos materiais
Consulta toda a oferta de Másters Másteres | Universidade de Santiago de Compostela
Oportunidades
- Traballos fin de grao e fin de máster
Oportunidade de desenvolver traballos de investigación interdisciplinar baixo a supervisión de persoal investigador dunha ou dúas áreas de actividade de I+D.
- Bolsas de Inicio á Investigación
O centro ofrece anualmente este programa de bolsas para incentivar que os estudantes de Máster de alto nivel interesados en realizar prácticas no marco dos proxectos de investigación CRETUS se inicien na investigación. Os destinatarios desenvolverán un plan de investigación dentro dunha das seis áreas de actividade de I+D de CRETUS, traballando baixo a supervisión de investigadores/as principais.
Cada ano únense a este programa unha media de 10 estudantes de máster, cunha taxa de permanencia no centro e superior ao 30% mediante contratos de investigación.
Programa Bolsas de Inicio á Investigación
Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad



