PERSOAL CRETUS
Gumersindo Feijoo Costa
• Catedrático Enxeñería Química
• Departamento: Enxeñería Química
• Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría (USC)
• Grupo de Investigación: Biotecnoloxía Ambiental (BIOGROUP)
• Tel.: +34 8818 16776
• Email: Gumersindo.feijoo@usc.es
• Web Grupo: https://biogroup.usc.es
• Web persoal: https://biogroup.usc.es/users/gumersindo-feijoo
• Perfiles Científicos: Orcid, Research Gate
Bio
Licenciado en Química (Esp. Química Industrial) en xuño de 1990 pola Facultade de Química da USC, iniciando os estudos de 3º ciclo en setembro de 1990. Durante o doutoramento obtiven unha bolsa de FPI (xaneiro 1991), presentando a tese doutoral en maio de 1994 baixo a dirección do Profesor Juan Manuel Lema Rodicio.
En outubro de 1994 accedín á escala de Profesores Axudantes de Escola Universitaria no Depto. de Enxeñería Química da USC. En xaneiro de 1995 obtiven unha Praza de Profesor Axudante de Universidade no devandito Departamento. Finalmente, en setembro de 1995 postulei a unha Praza de Profesor Titular de Universidade da área de Enxeñería Química que ocupei interinamente ata a celebración do concurso/oposición en xullo de 1997. En 2007 conseguín a acreditación nacional para o Corpo de Catedráticos de Universidade no concurso oposición celebrado na Universidade Complutense de Madrid. Finalmente no 2008 accedín á praza de Catedrático de Universidade da área de Enxeñería Química pola USC.
Durante estes anos realicei unha intensa actividade investigadora nas seguintes liñas de traballo:
• Catálisis encimática. Oxidasas e peroxidasas. Inmobilización en micro e nanopartículas.
• Desenvolvemento e modelización de reactores encimáticos. Aplicación á biodegradación de compostos orgánicos (PAHs, tinguiduras industriais e PPCPs).
• Aplicación da metodoloxía da Análise de Ciclo de Vida a diversos sectores e procesos industriais.
• Economía Circular, Ecodiseño, Ecoetiquetado, Ecoeficiencia e Pegadas ambientais
Coordinador do Máster Oficial en Enxeñería Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela (2005-2008), Coordinador da Rede Temática Nacional de Análise de Ciclo de Vida (2002-2012), Director do Departamento de Enxeñería Química (2008-2017). Coordinador do Grao en Enxeñería Química (2014-2018). Participación activa nos procesos de Acreditación, destacando a acreditación IChemE da titulación de Enxeñería Química no 2010 e 2013, Grao e Máster en Enxeñería Química no 2018. Presidente da Confederación Española de Directores e Decanos de Enxeñería Química desde o 2017. Vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica desde o 2018.
Liñas de Investigación
• Xestión do Ciclo de Vida
– Aspectos metodolóxicos da Análise de Ciclo de Vida: factores de caracterización e normalización, asignación de cargas, integración de sistemas de análises por envoltura de datos nas análises de inventarios.
–Aplicación da metodoloxía da Análise de Ciclo de Vida ao desenvolvemento de diversos sectores e procesos industriais
– Ecoetiquetado: Pegada de Carbono (ISO 14067) e Taxa de Retorno Enerxético
– Ecodiseño de produtos (ISO 14006) e Ecoeficiencia de procesos (ISO 14045)
• Enxeñería Bioquímica
– Biocatálisis encimática: peroxidasas e oxidasas fúngicas e iInmovilización de encimas
– Desenvolvo e modelización de reactores encimáticos.
– Aplicación á biodegradación de compostos altamente tóxicos: disruptores endocrinos, hidrocarburos poliaromáticos, tinguiduras industriais e pesticidas
– Transferencia ao sector produtivo
– Sector pesqueiro
– Sector agroalimentario
– Transporte sostible e loxística verde
– Industrial forestal
– Bioenerxía & Biocombustibles
Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad