PERSOAL CRETUS
J. Ángel Fernández Escribano
- Catedrático
- Departamento: Bioloxía Funcional
- Centro: Bioloxía Funcional (USC)
- Grupo de investigación: Ecotoxicología e Ecofísiología Vexetal (ECOTOX)
- Tel.: +34 8818 13324
- Email: jangel.fernandez@usc.es
- Web grupo: http://www.usc.es/gl/investigacion/grupos/ecotox/
Bio
O investigador iniciou a súa traxectoria científica no ano 1995 no que obtivo unha bolsa predoctoral F.P.U. para a realización da súa Tese Doutoral. Nesta aplicouse por primeira vez en España a biomonitorización da contaminación do aire con musgos terrestres a escala rexional, traballo que sentou as bases para as investigacións realizadas posteriormente. Ao mesmo tempo, no ano 1996 realizou a súa Tese de Licenciatura sobre o emprego de musgos acuáticos para monitorizar a contaminación metálica dun río afectado por verteduras de orixe mineira (traballo que foi publicado nunha revista internacional).
A partir de 1999, unha vez defendida a súa Tese Doutoral, comezou a publicar os seus resultados en diversos artigos científicos. A continuación, o obxectivo das súas investigacións foi o da revisión da metodoloxía sobre o emprego dos musgos terrestres, dado que durante a realización da Tese detectáronse algúns problemas que aínda non foran resoltos desde que comezou a utilizarse a técnica en 1968. Nestas investigacións abordouse o estudo de aspectos como: i) análise da variación espacial das concentracións metálicas no musgo; ii) análise das variacións temporais; iii) selección dos métodos de tratamento/almacenamento máis adecuados; iv) determinación de tamaños muestrales representativos; v) selección das técnicas geoestadísticas máis adecuadas; vi) estudo do efecto de focos de contaminación; etc. Ademais da avaliación dos niveis totais de contaminantes no musgo, tamén traballou intensamente no desenvolvemento da técnica de lavado secuencial (SET), que permite a cuantificación dos contaminantes segundo a súa localización celular (i.e. extra ou intracelular) o que permite obter uns resultados máis completos desde o punto de vista ecotoxicológico. En paralelo, tamén desenvolveu diversas investigacións destinadas á selección dos biomonitores máis adecuados para a monitorización de ecosistemas terrestres (i.e. follas de árbores, acículas de piñeiro, micromamíferos, babosas e aves rapaces), costeiros (i.e. macroalgas e invertebrados) e fluviais (i.e. alevíns de troita e musgos acuáticos). Nos últimos anos, e no marco dun proxecto do 7º Programa Marco da Comisión Europea, a súa liña de investigación ampliouse ao campo da biotecnoloxía, ao participar no desenvolvemento dun clon de musgo terrestre cultivado en laboratorio, a fin de desenvolver un material estándar (e un dispositivo de exposición adecuado) para a biomonitorización da contaminación do aire. Como resumo, ao longo de toda esta carreira investigadora participou en 6 proxectos competitivos nacionais (1 como IP), 7 proxectos competitivos autonómicos, 1 proxecto europeo (como IP e coordinador científico do consorcio) e unha vintena de contratos e convenios con empresas privadas e Administracións Públicas
Toda esta actividade plasmouse en case unha centena de artigos publicados en revistas internacionais, así como unha vintena de comunicacións (orais e pósteres) en congresos nacionais e internacionais. Por outra banda, actúa habitualmente como revisor de máis dunha decena de revistas internacionais e forma parte do comité editorial dunha delas.
Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad