PERSOAL CRETUS

Jesús R. Aboal Viñas
Catedrático
Departamento: Bioloxía Funcional
Centro: Facultade de Bioloxía (USC)
Grupo de Investigación: Cartografía de solos e paisaxe, físico-química, degradación e recuperación de solos e augas (AMBIOSOL)
Tel.: +34 881 811 000
Email: jesusramon.aboal@usc.es
Web Grupo: AMBIOSOL | Grupos de investigación – USC
Son ecotoxicólogo (catedrático de Ecoloxía da USC) e o meu interese persoal é a comprensión dos procesos de carga de contaminantes polos seres vivos, tanto dos inorgánicos (maioritariamente elementos potencialmente tóxicos – PTEs, focalizando a miña investigación principalmente no Hg – aínda que tamén outros como o F e o N) como dos compostos orgánicos (principalmente PAHs, pero tamén outros como PCDDs+PCDFs, HCHs, etc). Así, a miña atención céntrase no nivel de integración do individuo dentro da disciplina da ecotoxicología. Con todo, aínda que hei menor medida, tamén investiguei noutros niveis de integración ao estudar os procesos de biomagnificación de PTEs tanto en ecosistemas costeiros como terrestres.
Para iso ao longo de 30 anos de carreira investigadora traballei nunha serie de organismos modelo, principalmente en especies vexetais como nunha especie de musgo (Pseudoscleopodium purum) e outra de alga parda (Fucus vesiculosus). Aínda que en menor medida, tamén centrei estes estudos en diferentes especies de árbores (tanto frondosas como coníferas). Ademais, de forma máis residual traballei animais, principalmente con aves rapaces (Buteo buteo, Accipiter gentilis e Strix aluco) e en menor medida con outros organismos (micromamíferos, moluscos acuáticos e terrestres etc.). Nestes organismos estudei e tentei explicar as causas (tanto fisiolóxicas como ambientais) da variabilidade da concentración de contaminantes tanto a nivel intraindividual e interindividual como temporal e espacial. Para a comprensión destes procesos de carga o coñecemento da localización dos contaminantes tanto a nivel de tecido, como celular e subcelular é fundamental. Por esa razón prestei especial atención á posta a piques das técnicas analíticas que nos permiten obter o coñecemento da localización celular dos contamaminates. Unha aplicación inherente a esta xeración de coñecemento en bioloxía básica é a biomonitorización. Neste campo profundei na harmonización e estandarización das técnicas (tanto de biomonitorización activa como pasiva) para os organismos estudados.
De forma moi residual tamén me interesei, e sígoo facendo, pola Ecoloxía da laurisilva macaronésica, especialmente polos ciclos hidrolóxicos e de nutrientes asociados (que foron o objeteo da miña tese doutoral no Departamento de Bioloxía Vexetal da Universidade da Lagoa, defendida en 1998) e pola sucesión ecolóxica destes bosques.
Froito desta investigación son 139 artigos (JCR) a maioría nas máis prestixiosas revistas da área (76% Q1), cun elevado nivel de aceptación na comunidade científica o que se plasmou nun índice h=35 (fonte: scopus, consultado en marzo de 2025). Actúo frecuentemente como revisor de moitas desas revistas e formo ou formei parte do comité editorial de algunhas. A produción científica acompáñase de diversas participacións en congresos internacionais e proxectos tanto en convocatorias competitivas (figurando en varios como IP, na actualidade de: https://coastprotect.com/), como convenios coa administración e contratos con empresas. Froito de parte destas investigacións foi a creación dun Spin-off da USC dedicado a biomonitorización coa implementación dun rexistro. Son docente da Universidade de Santiago de Compostela desde 1999, impartindo diversas materias, con continuos cambios ao longo dos cursos. En relación coa calidade da docencia as enquisas da satisfacción coa docencia recibida por parte do alumnado, sempre me avaliaron de forma moi satisfactoria, superando sempre as puntuacións da universidade, centro e materia. Hei codirigido ou dirixido 8 teses doutorais (codirixiendo na actualidade 2 máis) e multitude de TFGs, TFMs e equivalentes. En canto aos postos de xestión, fun vicedecano (responsable de calidade) da Facultade de Bioloxía da USC, ademais de membro en diferentes comisións da mesma durante períodos moi prolongados. Fun avaliador de profesorado na ANECA durante 8 anos (PEP- Ciencias Experimentais, sendo vogal, secretario e presidente) e de Sistemas Internos de Garantía de Calidade e de titulacións para diferentes axencias nacionais.
Ademais, tras licenciarme dediqueime ao labor profesional en diversas consultoras ambientais, traballando durante 5 anos para distintas administracións como ICONA e a Consellería de Medio Ambiente do Goberno Canario. Entre os traballos realizados o principal foi a planificación e xestión de Espazos Naturais, participando na redacción de diversos plans, decretos e investigación relacionada con figuras de protección.
Liñas de Investigación
- Ecotoxicología. Procesos de carga de contaminantes orgánicos e inorgánicos en criptógamas. Localización celular de elementos químicos.
- Ecotoxicología. Papel dos rasgos ecolóxicos foliares nos procesos de carga de hidrocarburos policíclicos aromáticos en árbores.
- Ecotoxicología. Biomagnificación de elementos potencialmente tóxicos.
- Ecotoxicología. Biomonitorizacion pasiva e activa.
- Ecoloxía vexetal. Alometría, estrutura espacial, sucesión, e ciclos bioxeoquímicos en bosques de Laurisilva canaria.
- Ecoloxía vexetal. Bioloxía reprodutiva de musgos.
Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad