PERSOAL CRETUS

Juan M. Garrido Fernández
• Catedrático Enxeñería Química
• Departamento: Enxeñería Química
• Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría (USC)
• Grupo de Investigación: Biotecnoloxía Ambiental (BIOGROUP)
• Tel.: +34 8818 16778
• Email: juanmanuel.garrido@usc.es
• Web Grupo: https://biogroup.usc.es
• Web persoal: https://biogroup.usc.es/users/juan-m-garrido
• Perfiles Científicos: Orcid, Research ID, Scopus
Bio
Licencieime en Ciencias Químicas en xullo de 1991, realizando a especialidade de Química Industrial na Universidade de Santiago de Compostela (USC). En outubro de 1991 inicio a tese doutoral no Departamento de Enxeñería Química da USC, presentándoa en marzo de 1996. Desde o 1/1/1992 a 31/12/1995 fun bolseiro do programa FPI. Desde abril de 1996 hei concatenado diversos contratos como Profesor no devandito departamento da USC. En 2006 obteño a habilitación de Profesor Titular de Universidade en concurso celebrado na Universidade de Barcelona, obtendo praza de Profesor Titular no Departamento de Enxeñería Química da USC (Xaneiro 2007). Realicei dúas estancias de investigación na “Delft University of Technology” dos Países Baixos (9 meses, anos 1993-1994 e 1996) e unha estancia durante 6 meses (1997) no Cirsee, centro de investigación da multinacional Suez Environment en Lle Pecq sur Seine (Francia), cunha bolsa do programa Marie Curie da UE. O meu perfil investigador vincúlase ao ámbito da Enxeñería Química e Ambiental, en temáticas relacionadas co tratamento de augas residuais, biorrecuperación do litoral contaminado e recuperación de recursos de augas (reutilización e recuperación de fósforo). Publiquei uns 50 artigos científicos, presentado máis de 80 comunicacións a congresos, escrito 10 capítulos de libro, posúo 4 patentes nacionais (1 europea) e dirixido 7 tese doutoral (5 delas nos últimos 10 anos). Participei en diversos proxectos de investigación europeos, nacionais e autonómicos, así como en diversos contratos de investigación con empresas
Liñas de Investigación
• Tecnoloxías avanzadas para o tratamento de augas residuais
– Biorreactores de membranas para o tratamento aerobio/anaerobio de augas residuais, eliminación de nutrientes e materia orgánica de augas residuais.
– Recuperación de fósforo a través da reacción de cristalización de estruvita.
Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad