PERSOAL CRETUS
María Teresa Moreira Vilar
• Catedrática Enxeñería Química
• Departamento: Enxeñería Química
• Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría (USC)
• Grupo de Investigación: Biotecnoloxía Ambiental (BIOGROUP)
• Tel.: +34 8818 16792
• Email: maite.moreira@usc.es
• Web Grupo: https://biogroup.usc.es
• Web persoal: https://biogroup.usc.es/users/maite-moreira
• Perfiles Científicos: Portal da Investigación (USC), Orcid, Research Gate, Google Scholar
Alcancei a Licenciatura en Química (Esp. Química Industrial) en xuño de 1992 pola Univ. de Santiago de Compostela (USC), iniciando os estudos de 3º ciclo en setembro de 1992. Durante o doutoramento obtiven diversas bolsas, aínda que destacaría a bolsa do Programa de Formación de Persoal Investigador do Ministerio de Educación e Ciencia. Presentei a Tese Doutoral en maio de 1997 baixo a dirección dos Profesores G. Feijoo e Juan M. Lema.
Desempeñei diversos postos docentes desde febreiro de 1998. En abril de 2007 consigo a Habilitación para Profesor Titular de Universidade da área de Coñecemento de Enxeñería Química nas probas realizadas na Universidade de Zaragoza. En decembro de 2007 accedo a unha praza de Profesora Titular de Universidade na USC. En maio de 2010 obteño a acreditación da ANECA para o Corpo de Catedráticos de Universidade (Ref. 2010-001077), obtendo finalmente a praza de Catedrática de Universidade no concurso oposición celebrado en Santiago de Compostela en decembro de 2011.
Durante estes anos realicei unha intensa actividade investigadora nas seguintes liñas de traballo:
• Biocatálisis encimática. Peroxidasas e oxidasas fúngicas. Inmobilización de encimas.
• Desenvolvemento e modelización de reactores encimáticos. Aplicación á biodegradación de compostos altamente tóxicos: HAPs, tinguiduras industriais, pesticidas….
• Xestión do ciclo de vida. Análise ambiental de procesos e produtos.
• Ecoetiquetado e Ecodiseño
Realicei diversas estancias de investigación na Wageningen Agricultural University en Holanda por un período de 12 meses (5 meses, 1995; 5 meses, 1997; 2 meses en 1998), na Escola de Enxeñería Bioquímica da Universidade Católica de Valparaíso en Chile (1 mes, 1996), no Centro EULA da Universidade de Concepción en Chile (1 mes, 1999) e no Dept. of Chemical and Environmental Engineering, University of Arizona en E.E.Ou.U. por un período de 5 meses (3 meses, 2002; 1 mes, 2012; 1 mes 2014).
Finalmente, destacaría a participación en diversas tarefas de Xestión Universitaria, de forma especial o labor como Secretaria do Dpto. de Enxeñería Química e Secretaria da ETSE. Ademais, participei en diversas actividades relacionadas coa mellora da calidade docente e procesos de acreditación, como o Comité de Autoavaliación da Titulación de Enxeñería Química, a Comisión de Acreditación IChemE e Participación no Panel de Expertos de Avaliación de Proxectos do Plan Nacional e da Fundación BBVA.
Liñas de Investigación
•Xestión do Ciclo de Vida
– Aspectos metodolóxicos da Análise de Ciclo de Vida: sistemas multifuncionais, factores de caracterización e normalización, integración de sistemas de análises por envoltura de datos
– Aplicación da metodoloxía de Análise de Ciclo de Vida ao desenvolvemento de diversos sectores e procesos industriais
– Ecoetiquetado: Pegada de Carbono (ISO 14067) e Taxa de Retorno Enerxético
– Ecodiseño de produtos (ISO 14006)
• Enxeñería Bioquímica
– Biocatálisis encimática: peroxidasas e oxidasas e inmobilización de encimas
– Desenvolvo de nanocatalizadores
– Deseño e modelización de reactores encimáticos.
– Tratamento terciario biolóxico de augas residuais para a eliminación de PPCPs: disruptores endocrinos, antibióticos e hidrocarburos poliaromáticos
• Transferencia ao sector produtivo
– Sector pesqueiro
– Sector agroalimentario
– Transporte sostible e loxística verde
– Industrial forestal
– Bioenerxía & Biocombustibles
Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad