PERSOAL CRETUS

Mª del Carmen Sánchez Carreira

Profesora Titular
Departamento: Economía Aplicada
Centro: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (USC)
Grupo de Investigación: Innovación, cambio estrutural e desenvolvemento (ICEDE)
Tel.: +34 8818 11647
Email: carmela.sanchez@usc.es
Web Grupo: http://www.usc.es/icede




Doutora en Economía (2006) pola USC coa tese doutoral “O papel do sector público empresarial na innovación. Estudo da experiencia española no contexto da privatización do período 1980-2003”, cualificada con sobresaliente cum laude.
Bolsa FPU do Ministerio de Educación.
As súa principal área de especialización céntrase. Tamén investigou en temas de intensidade tecnolóxica do comercio, as disparidades rexionais na UE e o Estado de Benestar.
As súas principais áreas de especialización céntranse nas políticas de innovación e, en particular, na contratación pública innovadora, prestando especial atención ao campo sanitario e ambiental; e na avaliación das políticas públicas e o seu impacto. Tamén investigou en temas de intensidade tecnolóxica do comercio, as disparidades rexionais na UE, as desigualdades, o Estado de Benestar, a economía circular e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Participou en proxectos de investigación públicos e privados, que abordan principalmente as políticas de innovación, desenvolvemento rexional e local e a economía circular. Destaca a súa participación en proxectos competitivos de carácter internacional. Realizou estancias en centros estranxeiros de recoñecido prestixio no campo da innovación, como a Universidade de Aalborg (Dinamarca) ou a Science Policy and Research Unit, da Universidade de Sussex (Reino Unido).
Desde 2006 exerce como profesora a tempo completo no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Impartiu docencia en diversas titulacións e en todos os niveis de educación universitaria (licenciatura / posgraduado, posgrao, mestría e doutoramento). Participa en experiencias e proxectos de innovación docente e dirixe teses, traballos fin de máster e grao.

Proxectos

Publicacións

Indicadores

Área I+D en CRETUS

Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad

Centro Oportunius