PERSOAL CRETUS
Marta Carballa Arcos
• Profesora Titular
• Departamento: Enxeñería Química
• Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
• Grupo de Investigación: Biotecnoloxía Ambiental (BIOGROUP)
• Tel.: +34 8818 16787
• Email: marta.carballa@usc.es
• Web Grupo: https://biogroup.usc.es
• Web persoal: biogroup.usc.es/users/marta-carballa
Bio
Alcancei o título de Doutora en Enxeñeira Química pola Universidade de Santiago de Compostela en 2005, obtendo a cualificación final de Sobresaliente Cum Laude, mención Doutorado Europeo e Premio Extraordinario de Doutoramento. En 2006 obtiven un Contrato para Mozos Investigadores na Pontificia Universidade Católica de Valparaíso (Chile) e en maio de 2007 incorporeime como investigadora posdoctoral no Laboratory of Microbial Ecology and Technology da Universidade de Gante en Bélxica grazas a un contrato posdoctoral do Ministerio de Educación e Ciencia de España e dun contrato Ángeles Alvariño da Xunta de Galicia. En decembro de 2008, reincorporeime ao grupo Enxeñería Ambiental e Bioprocesos (biogroup) inicialmente como investigadora Isidro Parga Pondal, posteriormente como investigadora Ramón e Cajal e finalmente como Profesora Interina de Substitución..
A miña investigación está centrada en 2 temas principais: procesos de (co-)dixestión anaerobia, analizando non só os aspectos técnicos, senón tamén o estudo da comunidade microbiana co fin de relacionar a funcionalidade dos digestores anaerobios coa estrutura da comunidade microbiana, e a identificación dos mecanismos de eliminación de microcontaminantes en procesos biolóxicos de tratamento de augas e lodos.
Participei en 6 proxectos de investigación internacionais, 1 acción integrada con Italia, 2 accións COST, 9 proxectos de investigación nacionais, 6 proxectos de investigación autonómicos, 1 rede autonómica e 9 contratos de investigación con diversas empresas relevantes neste campo (Aquagest, Espiña&Delfin, Energylab, AIMEN, Unións Agrarias, Aqualia).
En canto a actividades académicas, formo parte do Plan de Organización Docente do Departamento de Enxeñería Química da USC desde o curso 2009-2010 con 120 horas anuais. Desde o curso 2014-15, a miña participación aumentou a 240 horas anuais. Ademais, hei (co-) dirixido 10 proxectos fin de carreira, 8 traballos fin de máster e máis de 10 estancias de investigación de estudantes estranxeiros (Portugal, México, Alemaña, Chile, Holanda, Italia, Bélxica).
Na actualidade son membro do Colexio de Enxeñeiras e Enxeñeiros Químicos de Galicia, da Asociación Internacional da auga (IWA) e da Rede Española de Compostaxe (REC). Revisora de artigos científicos en varias revistas internacionais, experta na avaliación de proxectos de investigación e membro do Comité Científico de varios congresos nacionais e internacionais, e co-chair do Comité Organizador do 13th World Congress on Anaerobic Digestion que se celebrou en Santiago de Compostela en xuño 2013.
Liñas de Investigación
• Eliminación de microcontaminantes orgánicos e nanopartículas metálicas en augas residuais e lodos
– Estudo dos mecanismos de eliminación de microcontaminantes orgánicos en reactores de lodos activos e en digestores anaerobios de lodos.
– Eliminación de microcontaminantes orgánicos durante o post-tratamento de efluentes secundarios.
– Efecto de nanopartículas metálicas nas actividades biolóxicas dos reactores de lodos activos e dos digestores anaerobios de lodos.
– Eliminación de nanopartículas metálicas nos reactores de lodos activos e nos digestores anaerobios de lodos.
• (Co-)dixestión anaerobia de residuos orgánicos
– Caracterización de residuos orgánicos e formulación de mesturas óptimas.
– Monitorización e optimización da dixestión anaerobia de diferentes residuos.
– Estudo da inhibición por amonio e estratexias para a súa mitigación.
– Estudo da diversidade e funcionalidade das comunidades microbianas dos digestores anaerobios.
Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad