Persoal Colaborador

Óscar Rodríguez Figueiras

 Profesor Contratado Doutor
• Departamento:
Enxeñería Química
• Centro:
Escola Técnica Superior de Enxeñaría (USC)
• Grupo de Investigación:
Procesos de Separación Sostibles (EQUIFASE)
• Tel.:
+34 8818 16704
• Email:
oscar.rodriguez@usc.es
• Web Grupo:
www.usc.es/en/investigacion/grupos/equifase/

Bio

Óscar Rodríguez é licenciado en Ciencias Químicas (1998), Enxeñeiro Químico (2002) e doutor en Enxeñería Química e Ambiental (2004) pola Universidade de Santiago de Compostela. Realizou estancias de investigación na Universidade de California, Berkeley (con John M. Prausnitz, 2001-2002) e a Universidade do Porto (con Eugénia A. Macedo, 2004 e 2006-2007). Foi Investigador Auxiliar na Universidade do Porto (2008-2012) e Investigador Ramón e Cajal na Universidade de Santiago de Compostela (2014-2019). Desde 2019 é Profesor Contratado Doutor nesta Universidade. Pertence ao grupo de investigación (GI-1616) Procesos de Separación Sostibles e ao Instituto CRETUS da USC, e os seus intereses de investigación céntranse en aplicar conceptos de termodinámica para mellorar procesos de separación ou o desenvolvemento de produtos. En particular, equilibrio e extracción líquido-líquido e o uso de sistemas de dúas fases acuosos para extracción en procesos biotecnolóxicos, o uso de líquidos iónicos como axentes de extracción, a recuperación mellorada de petróleo usando líquidos iónicos surfactantes, e o desenvolvemento de metodoloxías para enxeñería de produto usando termodinámica aplicada. Participou en 20 proxectos subvencionados (rexionais, nacionais e internacionais), 3 deles como Investigador Principal e un contrato con empresa (Unicer, Lda, Portugal). É coautor de máis de 60 artigos científicos en revistas de impacto, con índice H = 25, un libro (Elsevier), 5 capítulos de libro e máis de 80 comunicacións a congresos científicos, incluíndo 22 comunicacións orais e unha conferencia plenaria.

 

Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad