PERSONAL CRETUS
Pilar Díaz Tapia
Profesora Titular
Departamento: Botánica
Centro: Facultad de Bioloxía
Grupo de Investigación: Biodiversidade e Botánica Aplicada (Bioaplic)
Tel.: +34 8818 13233
Email: pilar.diaz.tapia@usc.es
Me licenciei en Bioloxía (2004) e obtiven o doutoramento (2013) na Universidade da Coruña. Obtiven un contrato posdoutoral financiado pola Xunta de Galicia que me permitiu desenvolver estadías posdoutorais de dous anos (2014-2016) na Queen´s University Belfast (UK), University of Melbourne (Australia), e Bournemouth University (UK), para posteriormente regresar á UDC (2016-2019). Posteriormente, obtiven un contrato Talento Senior financiado pola Xunta de Galicia no Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) – Centro Oceanográfico A Coruña (2020-2022). En 2023 me incorporei á USC, integrándome en CRETUS en 2026.
As miñas investigacións céntranse no campo da Ficoloxía, estudando diferentes aspectos da biodiversidade, ecoloxía e bioloxía de macroalgas mariñas. Durante a miña etapa predoutoral me centrei no estudo taxonómico e ecolóxico das macroalgas de un hábitat concreto: as costas rochosas influenciadas por area. Caractericei as especies deste diverso hábitat, descubrindo novas especies e analizando o papel da sedimentación determinando a variabilidade espacial das comunidades bentónicas. Adquirín unha elevada especialización en sistemática do grupo máis diverso de algas vermellas (Ceramiales), inicialmente empregando estudos morfolóxicos e secuenciación clásica (Sanger). Durante a miña etapa posdoutoral incorporei as miñas investigacións o uso das técnicas de secuenciación máis avanzadas (secuenciación de alto rendemento) para solucionar cuestións sobre a sistemática de algas mediante filoxenómica, así como para aplicar esas ferramentas para o estudo integrado da biodiversidade de comunidades de organismos mariños mediante metabarcoding. Nesta liña, os meus traballos sobre sistemática son pioneiros no campo da ficoloxía, recibindo un deles o premio Provasoli da Phycological Society of America.
Actualmente desenvolvo proxectos nos que se persegue contribuír a un mellor coñecemento da biodiversidade de macroalgas e como esta se ve impactada polo cambio global, implementando novas ferramentas para o seu estudo. Eses proxectos teñen como obxectivo xeral implementar o uso de metabarcoding para o estudo da biodiversidade de comunidades de macroalgas así como para a detección de especies de macroalgas invasoras. Así mesmo, as miñas liñas de investigación inclúen a caracterización da biodiversidade de macroalgas mariñas, incluíndo a descrición de novas especies e o estudo da súa clasificación mediante estudos morfolóxicos, filoxenéticos e filoxenómicos.
Liñas de Investigación
- Estudo da biodiversidade de macroalgas mariñas mediante identificación morfolóxica, barcoding e metabarcoding.
- Sistemática de macroalgas mariñas.
- Detección, ecoloxía e bioloxía de especies de macroalgas mariñas introducidas e invasoras.
- Impactos do cambio global en comunidades de macroalgas mariñas.
Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad




