Presentación

O Centro

CRETUS, Centro de Investigación Interdisciplinaria en Tecnoloxías Ambientais, busca o diagnóstico, o desenvolvemento tecnolóxico e a avaliación de solucións, para abordar de xeito holístico desafíos ambientais ambiciosos a través da cooperación interdisciplinar. Esta singularidade permítelle aplicar unha axenda científica firmemente comprometida coas políticas ambientais actuais.
A investigación CRETUS combina as capacidades de diferentes áreas de Ciencias Experimentais (ecoloxía, ecotoxicoloxía, modelización, química analítica e ambiental), Ciencias Sociais (dereito ambiental, economía e psicoloxía social), Humanidades (arqueoloxía) e Enxeñaría (biotecnoloxía ambiental, enxeñaría ambiental e de procesos).

Conta con 32 investigadores adscritos, 7 vinculados, 25 investigadores posdoutorais, 65 investigadores predoutorais e 12 técnicos de xestión e persoal de laboratorio.

CRETUS é un dos 10 Centros da Rede CIGUS (Centros de Investigación do Sistema Universitario Galego), recoñecidos pola Xunta de Galicia pola calidade e impacto da súa investigación.

 

Historia

Crease en 2015 como Agrupación Estratéxica de 8 grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela coordinado por Juan M. Lema Rodicio e integrado por 50 profesores e 90 investigadores de diversas áreas de investigación, nas facultades de Bioloxía, Física, Psicoloxía, Economía, Química e na Escola de Enxeñería. Nace co obxectivo de desenvolver e avaliar tecnoloxías ambientais sostibles, buscando solucións que permitan minimizar impactos e riscos, tratando de recuperar recursos, mediante procesos sostibles económica, social e ambientalmente.

En decembro de 2020, o Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela acordou aprobar a CRETUS como Centro Singular da Universidade, pasando a formar parte da Rede de Centros Singulares de Investigación xa existente na USC e sendo nomeada a directora científica Maite Moreira Vilar. En 2022 obtén a homologación da Xunta de Galicia como Centro de Investigación. Dende 2024 CRETUS conta co recoñecemento CIGUS da Xunta de Galicia e cofinaciación con Fondos Europeos.

CRETUS constitúese como un centro

 

INTEGRAL/INTEGRADOR

Entre distintos campos de coñecemento e distintas necesidades

INTERNACIONAL

Con vocación de cooperación internacional

SOSTIBLE

Desde a perspectiva dos recursos humanos, tecnolóxicos e financeiros

ÍNTEGRO

Responsable e comprometido coa sociedade 

A Sede

CRETUS ten a súa sede na rúa Constantino Candeira, no Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela. O edificio dispón dunha superficie útil de 1.112 m2, distribuídos en catro plantas.

Alberga a dirección e administración, 7 laboratorios de investigación e despachos para 40 investigadores pre e posdoutorais, aloxando tamén as instalacións de 2 proxectos ERC. O edificio conta cunha zona común de servizos científico-técnicos.

Infraestructuras

As oito áreas de actividade de I+D de CRETUS desenvólvense en diferentes instalacións distribuídas entre o campus Vida e o Campus Norte da USC. Existen varios laboratorios nas facultades de Química, Física, Bioloxía, ETSE, CIBUS, e instalacións singulares como unha Planta Piloto na ETSE ou o Laboratorio de Radon de Galicia.

 CRETUS EN NÚMEROS

Investigadores Vinculados

Postdoctorados

Técnicos

Doutorandos

Colaboradores

Misión

 

Impulsar a investigación interidisciplinar, o desenvolvemento, a implantación e a avaliación de solucións tecnolóxicas avanzadas que respondan aos retos ambientais da sociedade, contribuíndo á sustentabilidade do planeta e á transición cara a unha economía circular.

Visión

 

Ser un centro de referencia internacional na xeración de coñecemento científico e de solucións de vangarda aos grandes retos medioambientais, cun equipo multidisciplinar consolidado, que desenvolve proxectos de significativo impacto social e económico con colaboradores dos sectores público e privado en Galicia, España e Europa. Ser un axente activo no esforzo por sensibilizar á sociedade a todos os niveis —cidadán, político e económico— para impulsar cambios sistémicos cara un planeta máis sostible.

 

EIXOS ESTRATÉXICOS

TALENTO

Facilitar o desenvolvemento da carreira profesional; Atracción e fidelización do talento; Creación dunha cultura de traballo multidisciplinar.

 

COÑECEMENTO

Promover a creación de redes e alianzas externas científicas; Crear sinerxias multidisciplinares; Ser un referente internacional en tecnoloxías ambientais para o desenvolvemento sostible; Xeración e desenvolvemento de solucións de vangarda.a.

 

INNOVACIÓN E SOCIEDADE

Impulsar o desenvolvemento sostible na sociedade e o tecido empresarial; Promover a igualdade de oportunidades na comunidade científica;

 

GOBERNANZA

Establecer normas para unha investigación de calidade; Desenvolver un modelo de goberno aberto á sociedade; Dotarse de capacidade propia de xestión; Ampliar e diversificar as fontes de financiamento; Monitorizar e avaliar o impacto de CRETUS.

 

Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad