Cursos Competencias Transversales

Esperta o teu potencial e traballa en equipo

19 de Novembro de 2024

Curso dirixido ó persoal investigador pre e posdoutoral, así como investigadores/as en formación e contratados. O obxectivo é proporcionar pautas de como identificar as nosas fortalezas e habilidades individuais para destacar nas aportacións que cada un fai dentro dun equipo, cuxo éxito se basea na complementariedade. Imparte Belbin.

Lugar e data : ETSE (Aula  proxectos e Aula 7), 19 novembro

Inscrición
Para asistir únicamente é necesario rexistrarse neste formulario: https://forms.office.com/e/ZHZTSb3yVE

Organizan
CRETUS – Belbin

Curso de estatística para investigadores pre e postdoc

23-25 de Maio de 2023

Curso impartido pola profesora Rosa Oliveira do Instituto Politécnico de Viana do Castelo (Portugal). Para o curso será necesario levar computador con software SPSS instalado.

Lugar e data : ETSE (Aula 6), 23-25 de maio

Programa

  • Coeficiente de correlación (1h)
  • Regresión lineal simple (4h)
    (A recta de regresión; mínimos cadrados; inferencia para os coeficientes de regresión; coeficiente de determinación – r2; gráfico de residuos)
  • Regresión lineal múltiple (3h) (A ecuación do modelo; Inferencia; Avaliación do modelo; Variables categóricas e indicadores; Interaccións; Métodos por pasos; Consideracións adicionais)

Inscripción
Para asistir unicamente é necesario rexistrarse neste formulario: https://forms.office.com/e/7H7KREY556..

Organizan
CRETUS

Curso de redacción de textos científicos.

09 de Febrero de 2023

Curso dirixido a estudantes da ETSE e persoal investigador de CRETUS ,ten como obxectivo o desenvolvemento de coñecementos e habilidade necesaria en comunicación científica para abordar e presentar adecuadamente calquera traballo académico, terá lugar os días 9 e 16 febreiro 2023 de 12.00 a 14.00 h, no A4 da ETSE.

Impartirá o Curso doutóraa Dna. Gemma González Eibes, Investigadora Ramón e Cajal do Departamento de Enxeñería Química e vinculada a CRETUS.

A docencia e os traballos realizaranse en español e inglés e terá unha duración de 4 h presenciais. O número máximo de alumnos será 30 e o criterio de admisión será por orde de inscrición.

Para inscribirse deberá enviarse solicitude, por correo electrónico á secretaría da ETSE (aula.profesional@usc.es) indicando no asunto “Textos científicos” (ata o venres 3 de febreiro ás 14 horas). Confirmarase a admisión. No correo indicarase o Nome e a Titulación ou Programa de Doutoramento no que se atope matriculado.

Taller de presentaciones orales

10 de novembro ao 15 de decembro 2022

Juan M. Lema Rodicio, Prof. do Departamento de Enxeñería Química impartirá os días: 10, 17 e 24 de novembro e 1 e 15 de decembro de 12:30 a 14:30 h o taller de presentacións orais na aula de Proxectos da Escola Técnica Superior de Enxeñería. Este curso está organizado en colaboración coa aula Profesional da ETSE e CRETUS.

Número máximo de alumnos: 20

Obxectivo. Curso teórico – práctico de deseño e exhibición de presentacións. O Curso consta de 9 horas presenciais e 16 horas de traballo persoal, cun volume total de 1 ECTS

Convocatoria