Estancias de investigación

CRETUS aposta fortemente polo crecemento e desenvolvemento persoal e profesional dos seus mozos investigadores, é por isto que ofrece axudas para cursar estancias de investigación en centros de prestixio no estranxeiro.

Convocatoria 2023

CRETUS lanza a súa quinta convocatoria de axudas para cursar estancias de investigación en Centros de prestixio internacional. As estancias terán unha duración máxima de 3 meses, que terán lugar entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro do 2023 preferentemente en centros internacionais.

Para poder participar requírese ao solicitante que sexa Investigador predoctoral de CRETUS e que o seu titor sexa un investigador adscrito a CRETUS (xa sexa principal, vinculado ou colaborador) ademais, durante o período de goce da estancia, debe ter vinculación contractual coa Universidade de Santiago de Compostela.

Os solicitantes deberán enviar toda a documentación requirida á dirección de correo cretus@usc.gal, antes das 14:00h do 24 de maio de 2023.

As solicitudes admitidas serán avaliadas por unha comisión formada por membros de CRETUS conforme aos criterios de avaliación establecidos. A resolución comunicarase vía correo electrónico a todos os solicitantes o 1 de xuño de 2023 e tamén se fará público nesta apartado web.

Convocatoria-Ayudas-CRETUS-estancias-2023

RESOLUCIÓN

Reunida a Comisión de Selección de Axudas para Mozos investigadores de CRETUS o día 31 de maio de 2023, resolve conceder a axuda a 4 candidatos (das 8 candidaturas recibidas) en base aos criterios previamente aprobados para a convocatoria de 2023.

Acta de resolución 2023

Convocatoria 2022

Por cuarto ano consecutivo CRETUS lanza a convocatoria de axudas para realizar estancias de investigación en Centros de prestixio internacional. O principal obxectivo das axudas é promover a colaboración con Centros de excelencia internacionais que permita aos investigadores de CRETUS obter o doutoramento con mención internacional. Ditas estancias terán unha duración de 3 meses que poderán gozarse desde o 1 de maio ao 30 de novembro de 2022.

Para poder participar requírese ao solicitante que sexa Investigador predoctoral e que o seu titor sexa un investigador adscrito a CRETUS ademais, durante o período de goce da estancia, debe ter vinculación contractual coa Universidade de Santiago de Compostela.

Os solicitantes deberán enviar toda a documentación requirida á dirección de correo cretus@usc.es, antes das 14:00h dp 20 de abril de 2022.

As solicitudes admitidas serán avaliadas por unha comisión formada por membros de CRETUS conforme aos criterios de avaliación establecidos. A resolución comunicarase vía correo electrónico a todos os solicitantes o 27 de abril de 2022 e tamén se fará público nesta apartado web.

Convocatoria-Ayudas-CRETUS-estancias-2022

RESOLUCIÓN

Reunida a Comisión de Selección de Axudas para Mozos investigadores integrantes de CRETUS resolve, en el acta de día 22 de abril de 2022, conceder as seguintes axudas en base aos criterios previamente aprobados para a convocatoria de axudas CRETUS de 2022.

Investigador Centro de destino
Ignacio Gianelli Instituto SARA, Uruguay & Stockholm Universit. Suecia
Carme Pacín Czech University of Life Scineces Prague. República Checa
Ricardo Rebolledo Agricultural University of Athens. Grecia
Néstor A. Tafur Universitu of Stavanger. Noruega
Ana Arias Agricultural University of Athens. Grecia
Zaira García Universität Tübingen. Alemania

Convocatoria 2021

Estas axudas están exclusivamente dirixidas a investigadores predoctorales de CRETUS para estancias con duración de 3 meses que poderán gozarse no período comprendido entre o 1 xullo e o 30 de novembro de 2021. Os solicitantes deberán enviar a solicitude xunto con toda a documentación requirida a cretus@usc.es antes do 25 de xuño de 2021 ás 14.00h.

Unha vez recibidas todas as solicitudes coa documentación requirida, a comisión de avaliación fará a selección en función dos criterios de avaliación adxuntos. Os candidatos serán notificados á dirección de email que proporcionen o 5 de xullo 2021. e publicado nesta apartado web.

Convocatoria-Axudas-CRETUS-estadias-2021

RESOLUCIÓN

O Comité de Selección resolve na acta del 1 de julio de 2021 outorgar as seguintes axudas en base aos criterios previamente aprobados para a convocatoria 2021.

 

Investigador Centro de destino
Alba Roibás University of Technology Delft (TUDelft) Países Bajos
Sara Cloux Marine Environment &Technology Center (MARETEC) Portugal
Mateo Saavedra Institute of Environmental Sciences (CML) Países Bajos
Antón Vázquez Plymouth Marine Laboratory (Reino Unido)
Clara Veiga University of Aberdeen (Reino Unido)

Convocatoria 2020

Na convocatoria de 2020 recibíronse un total de 7 solicitudes. O comité de talento responsable desta acción, resolveu conceder a axuda a 4 candidatos tras o proceso de avaliación das solicitudes como así se reflicte na acta de resolución do 2 de marzo de 2020. Finalmente, debido á situación sanitaria global foi imposible executar as estancias en 2020, polo que foron canceladas.

 

Investigador Centro de destino
Leandro J. Llorente Leeds University Business School (LUBS) Reino Unido
Antonio J. Cortés University of Ireland Irlanda
Iana Camara Utrecht University Holanda
Alba Roibás University of Technology Delft (TUDelft) Holanda

Convocatoria 2019

Na convocatoria de 2019 recibíronse un total de 13 solicitudes. O comité de talento responsable desta acción, resolveu conceder a axuda a 4 candidatos tras o proceso de avaliación das solicitudes.

 

Investigador Centro de destino informe final
Alberte Regueira University of Technology Delft (TUDelft) Holanda ver
David Kennes Swiss Federal Institute of Aquatic Science and Technology (EAWAG) Suíza ver
Paula Carrera Ghent University Bélgica ver
Andrea Arias Technical University of Denmark (DTU) Dinamarc ver