Remediación e uso sostible do solo
Persoal Investigador

Felipe Macías Vázquez

Sarah Fiol López

Antonio Martínez Cortizas
Capacidades

AVALIACIÓN DO SOLO
- Análise de parámetros físico-químicos, mineralóxicos e biolóxicos. Avaliación da fertilidade do solo.
- Indicadores da calidade do solo, funcións ambientais e servizos ecosistémicos. Avaliación da capacidade do solo para diferentes usos (aptitudes, limitacións e sensibilidade).
- Cartografía de solos. Sistemas de Información Xeográfica e Mapas Dixitais.

SECUESTRO DE CARBONO
- Caracterización da materia orgánica do solo e avaliación das reservas actuais de carbono e o seu potencial aumento.
- Estudo da estabilidade do carbono orgánico do solo mediante interaccións organo-minerais.
- Deseño de proxectos de secuestro de carbono e recuperación das funcións produtivas do solo mediante a remineralización e a alteración mineral incentivada.
- Materiais baseados en biocarbóns: análise e aplicacións en solos.

DEGRADACIÓN E CONTAMINACIÓN
- Estudo de solos mineiros, urbanos, industriais, agrícolas e outros fortemente afectados pola actividade humana
- Estudos da dinámica dos contaminantes no solo: metais pesados, contaminantes orgánicos persistentes, plaguicidas, plásticos.
- Predición da xeración de drenaxe ácida de minas, acidez neta potencial.
- Interacción de contaminantes cos compoñentes do solo: interacción organo-mineral, procesos de adsorción, riscos de lixiviación, especiación.
- Interaccións solo-planta: tolerancia, biodisponibilidade, bioacumulación/translocación, efecto rizosférico.
- Avaliación de impacto ambiental

REHABILITACIÓN AMBIENTAL
Rehabilitación de solos, augas e ecosistemas degradados ou contaminados
- Proxectos de restauración de zonas mineiras: escombrera, pozos de mina a ceo aberto e vertedoiros de residuos. Plan de seguimento e evolución a longo prazo.
- Deseño de tecnosolos “á carta” para a rehabilitación de solos, augas e ecosistemas degradados ou contaminados por actividades mineiras, obras civís e incendios recorrentes.
- Aplicación de biomateriais e nanominerais naturais e sintéticos para a retención de contaminantes orgánicos (pesticidas, colorantes, PFAS, etc.) e inorgánicos (As, Cu, Cr, Pb, Zn, Cd).
- Estratexias de descontaminación do solo baseadas en procesos biolóxicos: fitoextracción, fitoestabilización e biorremediación.
Proxecto PHYTOSUDOE (www.phytosudoe.eu/) de aplicación e demostración de estratexias innovadoras de fitoxestión en zonas contaminadas do espazo SUDOE.
Proxecto TEKURA (www.cretus.usc.es/9075/proyecto-tekura/) para a recuperación de solos, augas e ecosistemas dunha mina de uranio.
Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad