PERSOAL CRETUS

Remigio Paradelo Núñez
Profesor Titular
Departamento: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro: Facultade de Farmacia (USC)
Grupo de Investigación: Avaliación da Calidade do Solo
Tel.: +34 881 815042
Email: remigio.paradelo.nunez@usc.es
Web Grupo: Avaliación da Calidade do Solo
Licenciado en Química pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2002, traballei como técnico de medio ambiente no Concello do Barco (Ourense) entre os anos 2004 e 2006, e doutorei no ano 2009 cunha tese sobre a compostaxe de residuos de viño e o uso do compost na restauración ambiental. Entre 2010 e 2014 traballei no Institute of Technology for Life, Food and Environmental Sciences – AgroParisTech (Francia), primeiro como investigador posdoutoral no Ministerio de Educación, e máis tarde como profesor contratado de Edafoloxía. Posteriormente conseguín contratos dos programas Juan de la Cierva (Universidade de Vigo, 2014-2017) e Ramón y Cajal (Universidade de Santiago de Compostela, 2018-2022). A miña actividade investigadora centrouse na influencia e impactos no solo de actividades humanas como a agricultura, a minería e a urbanización, así como no desenvolvemento de métodos para a restauración de impactos negativos, baseados xeralmente no uso de compost e emendas orgánicas.
Liñas de Investigación
- Calidade e saúde do solo
- Degradación e recuperación do solo
- Uso do compost en agricultura e restauración
- Propiedades, funcións e contaminación dos solos urbanos
Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad