PERSOAL CRETUS

SARAH FIOL LÓPEZ

• Catedrática
• Departamento:
Química Física
• Centro:
Edificio CRETUS
• Grupo de Investigación:
Cartografía de chans e paisaxe, físico-química, degradación e recuperación de chans e augas (AMBIOSOL)
• Tel.:
+34 8818 16042
• Email:
sarah.fiol@usc.es
• Web Grupo:
 http://www.usc.es/es/investigacion/grupos/ambiosol/
• Perfil Científico: Orcid

Bio
Profesora Titular do Departamento de Química Física desde 2002 e con acreditación a Cátedra desde 2013. Coordinadora do grupo de Investigación Química Física Ambiental (GI-2588) desde 2009. Publicación de máis de 60 artigos científicos, participación en máis de 50 congresos nacionais e internacionais e dirección de 3 tese doutoral e numerosos TFG e TFM. Participación en máis de 15 proxectos de investigación autonómicos, nacionais e internacionais relacionados coa retención de contaminantes orgánicos (pesticidas) e inorgánicos en superficies de interese ambiental capaces de atenuar de forma natural a contaminación, coa especiación química en augas e chans contaminados, o estudo de modelos de complejación superficial para a simulación de procesos de absorción en sistemas naturais e co estudo da calidade de augas e sedimentos de ríos de Galicia. En tres dos proxectos nacionais a participación foi como IP. Participación na Rede NAIADE desde 2014 e na Agrupación Estratéxica CRETUS desde 2015. Contratos con empresas para realizar a determinación de tamaño de partículas para estudos de calidade de aceites e augas. Impartida docencia nas Facultades de Química, Bioloxía e Farmacia e na Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC.

Liñas de Investigación
O estudo integral da calidade de augas superficiais:
Especiación química en sistemas acuáticos e chans contaminados
• Estudos de calidade de auga e sedimentos: análise de parámetros físico-químicos
• O estudo da reactividade de chans a partir das súas fraccións como sistemas modelo:
• Absorción/retención de contaminantes en superficies de interese ambiental
Nanopartículas de ferro naturais e a súa capacidade para atenuar a contaminación
• Modelos de
complejación superficial e a súa aplicación na simulación de procesos de absorción/ retención en sistemas naturais
• Desenvolvemento de métodos de
remediación de augas e chans baseados na utilización de nanopartículas minerais e/o biocarbones.

Proxectos

Publicacións

                                              

Actividade financiada polo Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e a USC para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i.