PERSOAL CRETUS
Sebastián Villasante Larramendi
Profesor Titular e Investigador Oportunius
Departamento: Economía Aplicada
Centro: CRETUS
Grupo de Investigación: EqualSeaLab
Tel.: +34 8818 16002
Email: sebastian.villasante@usc.es
Web Grupo: https://equalsea.eu/
Profesor de Economía e director do EqualSea Lab da Universidade de Santiago de Compostela (España), proxecto ERC, financiado pola European Research Council Consolidator Grant; Investigador Distinguido Oportunius Xunta de Galicia, e Karl-Göran Mäler Scholar do Beijer Institute of Ecological Economics. Realiza traballos científicos interdisciplinares sobre o papel dos valores, as institucións e o coñecemento na catalización de cambios transformadores para os océanos e as dietas das persoas, con máis de 200 publicacións científicas en revistas líderes como Nature, Nature Sustainability e Science. Foi recoñecido como Investigador Altamente Citado en 2021, 2022 e 2024 e obtivo máis de 9 millóns de euros en convocatorias de axudas en réxime de concorrencia competitiva. Foi distinguido co Premio á Mellor Tese de Doutoramento, o Premio Yamamoto, o 1º Premio INESMA, o Premio IPBES 2022 Gulbenkian da Humanidade e o Blue Planet Prize para IPBES 2024.
Actualmente é Coordinador Principal da Avaliación Global do Cambio Transformador de IPBES, Copresidente do Programa PECS sobre Equidade Oceánica para Futuros Sostibles e coautor do Informe Mundial de Puntos de non Retorno. Foi convidado a impartir conferencias en organizacións internacionais como a Comisión Europea, o Parlamento Europeo, o Tribunal de Contas Europeo e o Convenio sobre a Diversidade Biolóxica. Tamén é editor en xefe da revista Marine Policy e membro dos consellos editoriais de revistas prestixiosas como Ambio, Ecosystems and People, Marine Policy, People and Nature e Nature Ocean Sustainability. A súa investigación foi citada por Le Monde, The Economist, CNN e The Washington Post, entre outros.
Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad



