Únete
Únete a CRETUS
CRETUS busca mentes innovadoras, apaixoadas pola investigación e altamente comprometidas co medio ambiente. Por iso, ofrece a posibilidade de incorporarse ao seu equipo interdisciplinar, desde as fases iniciais dos estudos de grao ou máster, a través da realización dun traballo fin de grao (TFG) ou traballo fin de máster (TFM), ou con bolsas de investigación, así como oportunidades para desenvolver e consolidar unha carreira científica nas etapas predoutorais e posdoutorais.
A través das súas ofertas de traballo, CRETUS ofrece a oportunidade de unirse a proxectos líderes nacionais e internacionais que abranguen unha variedade de disciplinas. A experiencia de formar parte de proxectos multidisciplinares favorece o desenvolvemento dunha visión holística e permite a adquisición de coñecementos globais que enriquezan a formación e o desenvolvemento
Ofertas de Emprego
Un Centro de oportunidades
A sede e a maioría das facultades con investigadores do CRETUS atópanse no Campus Vida, nun escenario científico de excelencia xa que alberga os cinco centros singulares de investigación da USC pertencentes á Rede CIGUS: CiQUS, CiTIUS, CiMUS, IGFAE e CRETUS.
Recoñecido pola Xunta de Galicia desde 2024 pola calidade e impacto da súa investigación, o Centro conta con persoal altamente cualificado e equipamentos de vangarda que lle permiten impulsar avances científicos de excelencia, contribuíndo activamente ao desenvolvemento do coñecemento e á innovación.
Conta cun plan de desenvolvemento da carreira profesional para investigadores de R1 a R4, que inclúe programas de mobilidade internacional, formación, divulgación, mentorización, seminarios científicos e un simposio específico que reúne cada ano aos mozos investigadores do Centro. A participación neste tipo de actividades é parte fundamental do crecemento dentro do Centro, potenciando tanto as competencias técnicas como o desenvolvemento académico e profesional.

Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad