El turismo sostenible como elemento de desarrollo y economía circular

O centro interdisciplinar CRETUS da USC, organiza este curso dentro do programa ‘Universidade de Verán’ os días 20 e 21 de xullo na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago de Compostela.Na actualidade, o turismo é un dos sectores máis importantes da economía mundial Neste senso, a concentración e frecuencia destas actividades desenvolvidas de xeito incontrolado provocan efectos negativos nos espazos turísticos, ben sexa a perda de identidade cultural e xentrificación, redución da biodiversidade ou contaminación dos espazos.A finalidade destas xornadas, coordinadas pola Prof. María Teresa Moreira, é analizar a situación actual do sector, aportando solucións innovadoras como elementos fundamentais para orientar as actividades turísticas cara a consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible. Deste xeito garántese que o turismo torne cara unha xestión dos recursos enfocada, na que as necesidades dos visitantes poidan cumprirse respectando a integridade cultural, a diversidade biolóxica e os sistemas de soporte vital das zonas receptoras. Este curso contará coa participación de 14 relatores procedentesde diferentes disciplinas e institucións, e ten asociada unha carga lectiva de 15 horas(1 ECTS) que combinarán conferencias e mesas redondas cos poñentes.

Habilidades

Publicado el

12 mayo, 2022