PERSOAL CRETUS

Óscar Rodil Marzábal

Profesor Titular
Departamento:  Economía Aplicada
Centro: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (USC)
Grupo de Investigación: Innovación, cambio estrutural e desenvolvemento (ICEDE)
Tel.: +34 881 811 657
Email: oscar.rodil@usc.es
Web Grupo: http://www.usc.es/icede




Doutor en Ciencias Económicas (1999) pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese “Crecemento económico e capacidade tecnolóxica rexional no marco da Unión Europea (1980-1995)”, que resultou galardoada co primeiro Premio da Real Academia de Doutores en Ciencias Xurídicas e Sociais e o Premio Extraordinario de Doutoramento.

Actualmente é profesor titular no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Grupo de Investigación en Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento (ICEDE), catalogado como Grupo de referencia competitivo pola Xunta de Galicia. Desde 2022 é vicedecano de organización docente e titulacións da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago.

As súas liñas de investigación céntranse actualmente na innovación, o comercio, as cadeas de valor globais e a economía circular. Conta con máis de 90 publicacións e a súa produción científica máis recente atópase en revistas de impacto (JCR) e editoriais de prestixio. Participou en máis de corenta proxectos de investigación en convocatorias competitivas, tanto a nivel internacional (Programa Marco da UE, Horizonte 2020, Erasmus+) como a nivel nacional (Plan Nacional e Proxectos autonómicos). En 2015, foi o coordinador do único proxecto gañador da convocatoria do Programa Explore da EU-LAC Foundation. Así mesmo, nos períodos 2022-2023 e 2005-2006 (vixente), foi o IP-coordinador de dous proxectos ERASMUS+ sobre desenvolvemento sostible e economía circular, respectivamente. Tamén destaca o seu papel como investigador principal (co-IP) de dous proxectos do Plan Nacional sobre economía circular e cadeas globais de valor, nos períodos 2018-2021 e 2023-2026 (vixente), respectivamente. Dirixiu un total de sete tese doutoral e actualmente dirixe outras tres.

É docente especializado no campo da economía mundial, o comercio, a innovación e a sustentabilidade en dúas titulacións de Master (Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación, Máster en Estudos Internacionais) e no Grao de Economía da Universidade de Santiago de Compostela. Entre outros recoñecementos, obtivo o Primeiro Premio do Banco Nacional de Comercio Exterior de México na categoría de especialista (2017), o Primeiro Premio de Promoción da USC en destinos internacionais na área de Ciencias Sociais e Xurídicas (2018) e o XV Premio José Luis Sampedro que outorga a Sociedade de Economía Mundial (2024).

Proxectos

Publicacións

Indicadores

Área I+D en CRETUS

Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad

Centro Oportunius