PERSOAL CRETUS

Carmen García Jares
Departamento: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Centro: Facultade de Química (USC)
Grupo de Investigación: Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento de Solucións
Tel.: +34 8818 14394
Email: carmen.garcia.jares@usc.es
Web Grupo: LIDSA
Doutora en Farmacia (USC, 1989), Diplomada Superior en Viticultura e Enotecnia (UPM, 1984), e Diplomada en Alta Especialización en Tecnoloxía dos Alimentos (CSIC-IATA, 1985), incorporeime en 1989 á área de Química Analítica do departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da USC, onde actualmente son Catedrática e Directora do Departamento, así como coordinadora do Grupo de Investigación LIDSA (Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento de Solucións Analíticas), un dos grupos recoñecidos pola Xunta de Galicia no seu programa de Consolidación de Grupos de Investigación. O noso grupo foi socio constituínte de CRETUS.
Ao longo da miña carreira investigadora seguín varias liñas de traballo nas que destacan o desenvolvemento de metodoloxías analíticas baseadas no tratamento da mostra con mínimo ou nulo consumo de disolventes e mínima xeración de residuos, e o desenvolvemento de métodos cromatográficos, xeralmente con detección por espectrometría de masas. Esquemáticamente, estas liñas poden resumirse en tres. A primeira centrouse na caracterización de produtos naturais (especialmente uva e viño) e dos subproductos derivados da súa transformación, co dobre obxectivo de mellorar a calidade dos produtos e, ao mesmo tempo, atopar novas aplicacións para a valorización dos residuos xerados. Unha segunda liña centrouse na monitorización ambiental, proporcionando metodoloxías máis sinxelas e limpas para a análise de contaminantes prioritarios e emerxentes, e os seus subproductos de degradación, en augas, chans e outros compartimentos ambientais, incluíndo ambientes interiores e domésticos. A terceira gran liña centrouse no desenvolvemento de metodoloxías para o control analítico e a seguridade de produtos de consumo e coidado persoal, considerando tamén os seus produtos de degradación.
Co-tutoricei 15 teses doutorais, participei en > 40 proxectos de investigación competitivos financiados por organismos públicos rexionais, nacionais e da UE, e > 50 contratos de I+D con institucións e empresas relevantes. Fun coautora duns 190 artigos, o 75% en revistas Q1, así como de 20 monografías e capítulos de libros. En canto ao impacto da miña investigación, teño un índice h=47/57 (Scopus/ Scholar). Teño dúas patentes, unha delas internacional, ambas as licenciadas e en explotación por empresas. Fun socia fundadora e asesora científica da spin-off i-Grape Laboratory, fundada en 2014 e aínda activa, creada sobre os resultados dunha tese doutoral da que fun codirectora.
Formei parte do comité científico e comité organizador de congresos nacionais e internacionais. Son evaluadora de programas nacionais/internacionais, revisora de revistas de alto impacto e membro do EB de Cosmetics. Son membro da Sociedade Española de Química Analítica, da Sociedade Española de Cromatografía e Técnicas Afíns (SECyTA) e da Sociedade Española de Espectrometría de Masas (SEEM), así como membro de UNE-Stanpa. Son membro da Real Academia de Farmacia de Galicia.
Liñas de Investigación
• Desenvolvemento de novas metodoloxías de análises de ingredientes de cosméticos e de produtos de limpeza e coidado persoal.
• Estudo do potencial antioxidante de viños e subproductos de vinificación. Investigación de alternativas de aproveitamento.
• Investigación en novas técnicas de preparación de mostra para a análise baseada na Química Analítica verde: técnicas de microextracción con e sen disolventes: SPME, LPME, DLLME, USAEME
• Desenvolvemento de novas metodoloxías de análises de contaminantes prioritarios e emerxentes en mostras ambientais, agroalimentarias e biolóxicas: pesticidas, bifenilos policlorados (PCBs), éteres de difenilo polibromados (PBDEs), fenoles, ftalatos, fragrancias, conservantes, fármacos.
• Investigación dos procesos de degradación de aditivos químicos e contaminantes ambientais. Determinación de subproductos de degradación.
• Desenvolvemento de aplicacións analíticas e ambientais da Foto-SPME.
Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad