PERSOAL CRETUS

Elena Andrade Fernández
Profesora Titular de Universidade
Departamento: Psicoloxía Social e Básica e Metodoloxía
Centro: Facultade de Psicoloxía (USC)
Grupo de investigación: Comportamento Social e Psicometría Aplicada (COSOYPA)
Tel.: +34 881813716
Email: elena.andrade@usc.es
Web grupo: COSOYPA Comportamento Social e Psicometría Aplicada
Elena Andrade é profesora titular de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento na Universidade de Santiago de Compostela (USC) dende 2003. Obtivo o seu título de licenciatura e de doutoramento pola USC, e un título de posgrao pola Universitat Autònoma de Barcelona.
Como docente, impartiu cursos sobre metodoloxía de investigación (fundamentalmente sobre análise estatística de datos e medición psicolóxica) en programas de grao, máster e doutoramento. Ademais, na USC desempeñou varios cargos académicos e responsabilidades, coma os de secretaria e directora do seu departamento, coordinadora de dous títulos propios de máster, ou membro do comité organizador de tres congresos internacionais.
Dirixiu seis teses de doutoramento e é coautora de un número de artigos científicos, libros e capítulos de libro (índice h de 11, segundo Web of Science). Ten participado en proxectos competitivos nacionais e europeos (H2020, Interreg POCTEP), en varios contratos con empresas e no lanzamento dunha spin-off, iniciativa que recibiu o premio “Muller” no VII Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC. É membro antigo da European Association of Methodology, con varias estadías breves en departamentos de universidades de Europa (Leiden University, Universidades de Barcelona e Oviedo) e de Estados Unidos (Washington State University).
A súa investigación ten unha clara vocación multi e interdisciplinar. Pola súa área académica de coñecemento, a metodoloxía, ten publicado informes de estudos orientados á mellora de instrumentos e protocolos de avaliación e diagnóstico en revistas como PlosOne, PeerJ, Psicothema e Frontiers in Psychology. Acerca da súa participación en proxectos medioambientais, encádrase na análise de indicadores de sostibilidade, e no modelado da percepción social de tecnoloxías ambientais. Os resultados destes proxectos publicáronse en revistas como Ecological Indicators, Sustainable Cities and Society, Water Research e Resources, Conservation, and Recycling. Tamén desenvolve unha liña de interese crecente sobre a percepción de contornas virtuais, naturais e construídas.
Principais especializacións UNESCO: Metodoloxía (6107.01), Estatística (6105.04), Psicometría (6105.05), Elaboración de Test (6105.07), Cognición e comportamento ambiental (6199).
Liñas de Investigación
- Instrumentos e protocolos de avaliación e diagnóstico psicolóxicos
- Indicadores de sostibilidade
- Percepción social das tecnoloxías medioambientais
- Realidade virtual inmersiva de contornas naturais e construídas
Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad