PERSOAL CRETUS

JUAN M. LEMA RODICIO

Profesor Emérito de Enxeñería Química
Departamento: Enxeñería Química
Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría (USC)
Grupo de Investigación: Biotecnoloxía Ambiental (BIOGROUP)
Tel.: +34 8818 16793
Email: Juan.lema@usc.es
Web Grupo: https://biogroup.usc.es/
Web persoal: https://biogroup.usc.es/users/juan-m-lema

Juan M. Lema é profesor emérito de Enxeñaría Química e Coordinador Científico do Centro de Investigación Transdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) da Universidade de Santiago de Compostela (España). Presidente da Real Academia Galega de Ciencias. Distinguido membro da IWA.

Dirixiu 62 teses de doutoramento. Autor de máis de 450 artigos e capítulos de libros (índice H: 80 Scopus e FWCI 1,51 con máis de 22.000 citas. Autor ou coautor de 20 patentes (9 europeas ou internacionais). Editor do libro: “Innovative Wastewater Treatment & Resource Recovery Technologies”, publicado pola IWA. Está clasificado, asi como 7 dos seus doutorados, entre o 2% dos principais investigadores de impacto en todo o mundo segundo a “Lista de Stanford”.

Os seus antigos doutorados son actualmente Profesores (12) (en España, México, Chile e Colombia), Profesores Asociados (16) (en España, México, Chile, Holanda, Emiratos Árabes Unidos e Colombia), investigadores en Universidades e Centros Tecnolóxicos (Anfaco, Aimen, Ainia, Feuga, Beta, CetAQUA, Medrar), ou responsables de  de I+D envarias empresas (Repsol, Abiasa, Bialactis, Biena, Inditex).

Centrou os seus intereses de investigación na Biotecnoloxía Ambiental, desenvolvendo tecnoloxía e procesos para tratar e recuperar recursos dos residuos e augas residuais, incluíndo a eliminación de microcontaminantes mediante métodos microbianos e enzimáticos. Coordinou ou participou en 71 proxectos de investigación financiados pola Unión Europea (24), a Comisión Española de Ciencia e Tecnoloxía (34) e a Xunta de Galicia (13). Foi Coordinador da Acción COST “Conceiving Wastewater Treatment in 2020” (Water 2020) e Coordinador do proxecto español Novedar_Consolider, con 12 grupos de investigación de España e Holanda. Dezaseis proxectos de investigación relevantes con empresas depuradoras de augas residuais industriais e municipais. Experto da ONUDI (Organización das Nacións Unidas para o Desenvolvemento Industrial), Viena, no “Tratamento de Efluentes Industriais”. En total, recadou máis de 17 MM€ para investigación.

Ocupou varios cargos directivos no ámbito académico, entre eles o de Director dos Departamentos de Enxeñaría Química da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) entre 1981-83 e Santiago de Compostela (USC) desde 1991-2000. Tamén foi o primeiro director do Centro de Transferencia Tecnolóxica da USC entre 1999 e 2000. Ademais, foi promotor e primeiro Director da Escola de Enxeñaría da USC entre 2003 e 2010 e promotor e primeiro Presidente da Conferencia Española de Decanos de Enxeñería Química (CODDIQ) entre 2008 e 2012.

Recibiu diferentes disticións, entre elas o de Doutor Honoris causa pola Universitat Autònoma de Barcelona (2023), Universidade de Valladolid (2021), Politécnico de Milán (2021) e Pontificia Universidade Católica de Valparaíso, Chile (2015). Tamén é profesor honorario da Universidade de Queensland, Australia (2018) e da Universidade de Tecnoloxía Química de Pequín (2024). É Fellow (2014) e Distinguished Fellow (2022) da International Water Association, IWA.

Recibiu varios premios, entre os que destacan a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela (2013), o Premio Martínez Moreno de Innovación (2011), a Medalla de Ouro da Enxeñaría Química da Universidade de Valladolid (2010), o Premio Babcock á Innovación (2004), o Premio Europeo de Enzimas Industriais. Barcelona (1993) e o Premio Ingeniero Comerma (Ferrol, 1989).

Liñas de Investigación
• (co)Dixestión anaerobia de augas residuais e residuos: Modelado, Control e Microbiología
• Eliminación de
microcontaminantes en augas residuais en plantas de tratamento; Cometabolismo
• Tratamento terciario de
microcontaminantes mediante reactores encimáticos.
• Produción de
bioplásticos a partir de residuos lignocelulósicos.
Nanopartículas en plantas de tratamento de augas.

Proxectos

Publicacións

Indicadores

Área I+D en CRETUS

Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad

Centro Oportunius