Programa de mentorización

En CRETUS establecéronse diferentes actividades e accións para potenciar a carreira profesional dos investigadores nas súas diferentes etapas de desenvolvemento. Nesta liña unha das apostas máis destacables é a posta en marcha do programa de mentorización. O propósito deste programa é que de forma temperá os doutorandos conciban e organicen o seu plan de desenvolvemento profesional máis aló da realización da tese e a consecución do título de doutor. O mentor servirá como guía neste proceso, pensando naquelas competencias adicionais que poden ser necesarias para enfocar con éxito a etapa profesional como doutores, xa sexa no ámbito académico ou empresarial.

Taller sobre o plan de desenvolvemento de carreira profesional para mentores. 6 de Xuño 2019. ETSE

A acción formativa sobre ferramentas metodolóxicas para a tutorización e mentorización que se organizou en 2018 co fin de que os profesores de CRETUS puidesen contar con ferramentas para crear unha rede de mentores, fortaleceuse en 2019 mediante dúas novas actividades de formación. Cunha guía de mentor elaborada que inclúe as ferramentas para cada unha das fases do proceso, a estrutura e obxectivos para as diferentes sesións entre mentores e mentorizados, en novembro de 2019 arrincou o programa de mentoring de CRETUS con 15 mentees.

Skills

Posted on

16 Setembro, 2020