O pasado 18 de abril tivo lugar en Barcelona o arranque do proxecto REDUCE “Reducing bycatch of threatened marine megafauna in the East Central Atlantic”, un proxecto financiado pola comisión Europea a través do programa Horizon Europe, no que a USC participa como socio cos investigadores de CRETUS Sebastián Villasante, Gill Ainsworth, e Antía Campos.

O obxectivo xeral do proxecto REDUCE, que acaba de iniciarse e prolongarase durante catro anos, é abordar o reto da conservación mariña e a xestión sostible da pesca concretándose na busca de solucións para reducir a captura accidental de megafauna mariña no Océano Atlántico Centro-Oriental. Con respecto á labor do equipo do EqualSeaLab no proxecto, serán os que lideren o paquete de traballo sobre a planificación espacial mariña.

13 socios de 5 países (España, Portugal, Francia, Senegal e Reino Unido), conforman o consorcio:

  • Universitat de Barcelona
  • Universitat de Valencia
  • Universidade de Coimbra
  • Agencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas
  • Centro Tecnológico del Mar, Fundación CETMAR
  • Institut de Recherche pour le Développement
  • Associação Biopolis
  • Universidade de Santiago de Compostela – CRETUS
  • Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental
  • Partenariat Régional pour la Conservation de la Zone Côtière et Marine en Afrique de l’Ouest
  • Datafish Technology Solutions S.L.
Share This