Segundo a resolución de admisión aos estudos de Doutoramento para o curso 2023/2024 convocada pola USC no seu segundo período (febreiro de 2024), un total de 10 estudantes elixiron CRETUS para desenvolver o seu proxecto de Tese.

Estas incorporacións supoñen un éxito para o programa de captación de talento pois sumadas ás 12 matriculas do primeiro periodo, CRETUS incorpa neste curso académico 2023/2024 a 22 novos investigadores e investigadoras predoutorais.

Programa de Doutoramento
Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental11
Doutoramento en Medio Ambiente e Recursos Naturais3
Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química2
Doutoramento en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión2
Doutoramento en Procesos Psicolóxicos e Comportamento Social2
Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial1
Doutoramento en Ciencia de Materiais1
Relación de programas de doutoramento e alumnado matriculado

Convocatoria de Febreiro

Entre o estudantado matriculado nesta segunda convocatoria, 8 solicitaron o doutoramento no programa de Enxeñaría Química e Ambiental e 2 no programa de Ciencias, Tecnoloxía e Xestión do Mar. Ademais, dous deles cursarán doutoramentos industriais, un, en colaboración co centro tecnolóxico Energy Lab que desenvolve actividades de I+D+i no ámbito da eficiencia enerxética nos sectores industrial, terciario e do transporte, e o outro, en colaboración coa empresa Nologin Oceanic Weather Systems, empresa de servizos oceanográficas para a toma de decisións. Entre o novo persoal investigador predoutoral hai dous que acadaron a axuda FPI. O resto, con contratos a cargo dun proxectos de investigación nas diferentes áreas de I+D de CRETUS.

Damos a benvida ás novas incorporacións!

Adrián Agraso. Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental.
O seu proxecto de tese con título “Integración da avaliación do ciclo de vida e a modelización baseada en axentes: Un marco de modelización dinámico para sistemas agrícolas” céntrase na avaliación da sustentabilidade vinculada ao uso de augas rexeneradas en sistemas de regadío, incluídos cultivos hortícolas (tomate e leituga) e leñosos (vide, amendoeiro, lúpulo e oliveira) situados en España, Portugal e Francia. A mesma desenvolverase baixo dous proxecto financiados, o i-ReWater e o Nutritive. A directora da súa tese é a profesora Sara González García.  
José Luis Ares. Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental.
No seu proxecto de tese traballará no deseño de biorrefinerías para a obtención de compostos petroquímicos e building blocks, buscando a descarbonización da industria química básica. Valorizará correntes residuais orgánicas na procura dunha economía circular e dunha maior simbiose industrial; ademais optimizaranse etapas de alto consumo enerxético. Traballa baixo a supervisión da Prof. Maite Moreira.  
Raquel Fariñas. Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental
O traballo de Raquel centrarase no desenvolvemento dunha estratexia de multivalorización secuencial dun biorresiduo da industria agroindustrial, o bagazo da mazá. Proponse utilizar un enfoque de biorefinería para obter dous subprodutos con alto valor engadido: un extracto polifenólico e un biocombustible. Dirixen o seu traballo Dra. Gemma Eibes e o Prof. Thelmo Lu.  
Adrián Ferreiro. Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental
O obxecto de estudo da súa tese “eliminación de contaminantes emerxentes (microcontaminantes, patóxenos e resistencia a antibióticos) durante o tratamento de augas residuais segregadas” céntrase nas augas residuais procedentes de sistemas individuais de xestión, como depósitos de almacenamento ou fosas sépticas A investigación aborda a recollida e análise de información relevante sobre estes sistemas, centrándose na presenza de contaminantes emerxentes e no impacto do tempo de residencia prolongado nestes sistemas, así como nas eficiencias de eliminación. Dirixen a súa investigación os Prof. Juan M. Garrido e Francisco Omil.  
Elena Fontán. Doutoramento en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
Oceanógrafa con experiencia en xestión e adaptación da actividade pesqueira en escenarios de cambio climático. O título provisional da súa tese é: “La gestión adaptativa de la pesca artesanal gallega basada en indicadores de sostenibilidad. Un nuevo concepto de gestión pesquera.” Traballará baixo a supervisión do Prof. Sebastián Villasante.  
Alberto Fraile. Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental
A súa tese céntrase no desenvolvemento de novas métricas para combinar Análise do Ciclo de Vida e Servizos Ecosistémicos, cun dobre obxectivo: Mellorar a comunicación de impactos e beneficios ambientais das prácticas innovadoras e sostibles en agricultura e gandería, e a optimización do uso do solo en territorios con múltiples actividades. Proxectos asociados: RURALtXA! e COMBARO. Traballará baixo a supervisión das Prof. Almudena Hospido e Sara González.  
Tania López. Doutoramento en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
Tania é modeladora costeira e está a facer un doutoramento industrial entre a USC, baixo a supervisión do Prof. Vicente Pérez Muñuzuri, e a empresa Nologin Oceanic Weather Systems, baixo a supervisión de D. Manuel García León. O título da súa tese é “Predicción Avanzada en Galicia: preservando el Océano y su ResilienciA (AGORA)”.  
Guillermo Martín. Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental
Guillermo obtivo unha bolsa de inicio á investigación de CRETUS, titorizado pola Prof. Anuska Mosquera, onde avaliou as condicións de operación dun sistema continuo para a eliminación de nitróxeno mediante mecanismos de nitritación parcial. Agora, tras o TFM, está a facer un doutoramento industrial entre a USC, coa mesma titora, e a empresa EnergyLab, que supervisa Dra. Mónica Figueroa. O título tentativo da súa tese é “Obtención de metanol a partir de biohidróxeno producido por bacterias fototróficas púrpura para revalorizar residuos orgánicos”.  
Isabella Narváez. Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental
O seu plan de investigación está relacionado co proxecto CIES “Transitioning Wastewater Treatment Plants toward CIrcular Economy and Sustainability through Resource and Water recovery from liquid and gaseous streams”. Na súa tese abordará o diagnóstico da tecnoloxía integrada fotocatalítica-AQCs baixo un enfoque circular. Co fin de identificar os parámetros do proceso a escala real, é necesario desenvolver unha investigación aplicada na que se determinen as variables de operación máis axeitadas xunto con ferramentas de modelización de procesos, xa que permite identificar as variables e datos que serán necesarios para a análise de sustentabilidade e circularidade. Dirixe a súa investigación a Prof. Maite Moreira.  
Arsal Tehseen. Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental
A directora da súa tese é a profesora Sara González García.  

Share This