O sector do golf amosa cada vez máis interese por ser máis sostible e, concretamente, por optimizar o uso da auga nun contexto de escasez deste recurso. Neste sentido, estanse a desenvolver numerosos proxectos para reducir o volume de auga doce empregada e substituíla por auga rexenerada, entre outras fontes alternativas.

O Real Aero Club de Santiago apostou por realizar un estudo que levan a cabo por Agbar, Cetaqua e o Centro Singular CRETUS da Universidade de Santiago de Compostela, para calcular a pegada hídrica, reforzando así o seu compromiso coa xestión sostible dos recursos naturais. O obxectivo é optimizar o uso da auga no sector do golf, aplicando medidas cada vez máis sostibles. Neste estudo, o equipo de CRETUS está dirixido polo profesor Gumersindo Feijoo.

Os resultados obtidos no Real Aero Club de Santiago reflicten unha pegada hídrica de 180.691 m3 para o ano 2022 e de 174.040 m3 para o ano 2023 (que foi máis chuvioso que o anterior), observando variacións imputables ao clima local, o que demostra que a actividade nos campos depende tamén da situación climática na que se atope cada un.

Share This