A 3ª convocatoria para formar parte do programa de Mentoring de CRETUS tivo unha boa acollida por parte do persoal investigador predoutoral de CRETUS. Un total de 13 mentees de diferentes programas de doutoramento de primeiro e segundo curso súmanse ao programa polo que xa pasaron 30 doutorandos/as dende o seu inicio.
Esta mañá asistiron a unha sesión formativa introductoria na aula do proxecto ESTE, impartida pola coordinadora do programa, a profesora Cristina Gómez Román do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía. Unha vez feitas as asignacións de Mentor-Mentee, poderán iniciar o programa.